A lactancia e as gandeiras galegas

Non vai moito tempo que falábamos da importancia do recoñecemento, por parte do ente lexislador, dos riscos que supoñen determinados postos de traballo para o embarazo e a lactancia e de como recentemente se tiñan ocupado, aínda que, de xeito parcial ao noso xuizo, de porlle algunhas proteccións ás traballadoras para continuar, neste caso, coa lactancia ou lactación materna.

Hoxe falamos dun caso ben importante na nosa terra, e a todas luces posibilidade descoñecida: o subsidio para gandeiras galegas por risco para a lactancia ata os nove meses de vida das súas fillas e fillos. A lo menos dende a nosa experiencia é un subsidio ben descoñecido que queremos poñer enriba da mesa de xeitro expreso. Ven motivado por varios aspectos:

  • a existencia dun risco para a saúde da muller e/ou da nena ou neno menor de 9 meses.
  • imposibilidade de adaptar as condicións de traballo.
  • nun posto de traballo que non é viable (ou razonablemente esixible) cambiar cara outro que sexa compatible coa súa situación.
  • nun proceso que ten que estar aprobado polos servicios de saude/mutua.

Estas condicións teñen que cumplirse de xeito sucesivo e extínguense por cumplimento da idade de 9 meses, reincorporación a outro posto de traballo compatible, falecemento dalgunha das partes e aquí o máis importante…: por interrupción da lactancia natural, polo que terá que haber un seguemento do persoal sanitario ao respecto conforme segue existindo este xeito de alimentar ao noso fillo pou filla (o cal, dende o meu punto de vista, é incompatible co dereito a intimidade, … etc, seica presumen que eres culpable!!) (deixámosche aquí para que leas un artigo sobre este aspecto en Portugal). Este caso é considerado como prestación derivada de continxencias profesonais pero as traballadoras por conta propia teñen dereito a esta prestación aínda que non teñan cubertos os riscos profesionais.

Polo tanto, as gandeiras galegas poden acollerse a esta prestación, unha vez rematado o descanso por maternidade, pero non é recoñecido de xeito automático, e hai que solicitalo. Son riscos que teñen que estar descritos específicamente, probando a súa existencia e a imposibilidade de ocupar outro posto diferente. É decir hai que solicitar á mutua, falando de riscos físicos cos animais (caídas, golpes…), químicos empregados (están detallados expresamente na lexislación), riscos biolóxicos, manexo de residuos, ambientais, viaxes en circuntancias perigosas, condicións do posto, nocturnidade, etc, e aínda que moitas veces en primeira instancia non son recoñecidos, sí o son en vías de reclamación. Non entendemos por que só ata os nove meses, non sendo nengunha recomendación específica da Organización Mundial da Saúde, que fala de lactancia materna en exclusiva ata os 6 meses e recomendaa ata os dous anos, pero pode ser un avance cara o recoñecemento da liberdade de alimentación cara os nosos fillos ou fillas.

Coñecíalo? Coñeces a alguén que teña loitado por él e o conseguira? Queres contarnos a túa experiencia? Podes facelo a través do noso correo electrónico ou na páxina de facebook.

E ata aquí chegamos, se tes algunha dúbida, se queres inciar o proceso, ou saber si o teu posto podería entrar neste subsidio, diríxete a femlegal@femlegal.es e explicámosche cómo podemos axudarche. Grazas pola túa confianza!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Los datos que proporciones al enviar tu comentario sólo serán utilizados para responder a tu comentario.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.